domingo, 26 de abril de 2015

LETRAS GALEGAS 2015



Resultado de imagen de letras galegas 2015


LETRAS GALEGAS 2015


A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.


"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o

"Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.

A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...

A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia.

No hay comentarios: